Difference between revisions of "Control de calidade"
(Nova páxina: "== A certificación EN 15038 - Engadir valor a provedores de servizos de tradución == Con efectividade desde agosto de 2006, o novo estándar europeo EN 15038 regula os requirimen…") |
(→Trasno) |
||
Line 21: | Line 21: | ||
== Trasno == | == Trasno == | ||
− | O programa de avaliación de Trasno consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación, aprobación | + | O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptao aos procesos de tradución e localización de software así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre e consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación, aprobación e integración. |
− | A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: | + | A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000. |
== Ligazóns de interese == | == Ligazóns de interese == | ||
[http://en.wikipedia.org/wiki/EN_15038 EN 15038] | [http://en.wikipedia.org/wiki/EN_15038 EN 15038] |
Revision as of 13:29, 3 June 2012
Contents
A certificación EN 15038 - Engadir valor a provedores de servizos de tradución
Con efectividade desde agosto de 2006, o novo estándar europeo EN 15038 regula os requirimentos dos servizos de tradución e substitúe o antigo 2345 de 1997. O oficio de "tradutor" non é un termo protexido, de modo que hai poucas maneiras de estabelecer a competencia dos servizos de tradución. Agora, ao contar co novo estándar EN 15038 defínese os recursos técnicos e humanos, as condicións contractual do marco de traballo, o fluxo de documentación, a xestión de proxecto e de calidade asi como as condicións de revisión por un 'segundo par de ollos'.
Sobre o EN 15038
O EN 15038: 2006 foi desenvolvido polo European Committee for Standards (CEN) para estabelecer e definir os requirimentos da provisión de servizos de fornecedores de servizos de tradución (FST ou TSP, polas súas siglas en inglés). O estándar acompaña o núcleo da tradución que inclúe o encargo, tradución, corrección, revisión, xestión de proxecto, control de calidade, trazabilidade e entrega. Axuda a describir e definir o servizo por completo e ofrece un conxunto de procedementos e boas prácticas relativas a todos os aspectos do proceso de tradución. O estándar EN 15038 non se pode aplicar a fornecedores de servizos de interpretación.
Beneficios da certificación EN 15038
O estándar EN 15038 pretende unificar a terminoloxía usada no campo da tradución, definir requirimentos básicos para os servizos lingüísticos e para crear un marco de interacción entre clientes e fornecedores de servizos en termos dos seus dereitos e obrigas.
Outros beneficios de certificación inclúen:
- Alta confidencialidade co cliente
- Mellora continua dos servizos
- Resultados de alta calidade grazas a fluxos de traballo ben organizados
- Marca de certificación que serve como proposta de única de venda (unique selling proposición, USP) en comunicacións corporativas.
Trasno
O programa de avaliación de Trasno inspirase neste estándar para adaptao aos procesos de tradución e localización de software así como á bibliografía e documentación relacionada co ecosistema de software libre e consiste na realización de probas de inspección aleatorias que xunto cos requirimentos do novo estándar fornece auditoría das traducións, definición de procedementos e procesos e unha comprobación documentada dirixida á compilación, verificación, aprobación e integración.
A certificación de Trasno será válida por 3 anos (1º ano: auditoría, 2º e 3º auditoría de seguimento equiparable á certificación ISO 9000.