Difference between revisions of "Converter .csv to .tbx. Creación dunha terminoloxía a partir dun ficheiro en Calc (.ods)"
m (→Exemplo con csv2tbx) |
m (→Cambiar a cabeceira do TBX) |
||
Line 79: | Line 79: | ||
<pre> | <pre> | ||
− | <?xml version= | + | <?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?> |
− | <!DOCTYPE martif SYSTEM | + | <!DOCTYPE martif SYSTEM "TBXcoreStructV02.dtd"> |
− | <martif type= | + | <martif type="TBX" xml:lang="en"> |
<martifHeader> | <martifHeader> | ||
<fileDesc> | <fileDesc> | ||
Line 93: | Line 93: | ||
</fileDesc> | </fileDesc> | ||
<encodingDesc> | <encodingDesc> | ||
− | <p type= | + | <p type="XCSURI">http://www.gala-global.org/oscarStandards/tbx/TBXXCSV02.xcs</p> |
</encodingDesc> | </encodingDesc> | ||
</martifHeader> | </martifHeader> |
Latest revision as of 16:32, 20 July 2013
A creación manual de ficheiros de terminoloxía en formato TBX é moi laboriosa. Debido a isto normalmente a creación de terminoloxía realízase mediante outros métodos.
Contents
Introdución[edit]
Para simplificar o proceso de creación de terminoloxía adóitanse empregar follas de cálculo para rexistrar a terminoloxía, e posteriormente convértense as follas de cálculo a formato TBX empregando unha destas dúas ferramentas:
Polo tanto os pasos a seguir son:
- Crear unha folla de cálculo con unha columna para cada idioma. Normalmente dúas ou máis.
- Seguir as instrucións da páxina de referencia da ferramenta escollida.
- Tamén pode resultar de interese empregar TBXcheck para comprobar que o TBX é válido.
Exemplo con csv2tbx[edit]
A documentación de csv2tbx é suficientemente boa, así que en vez de escribir unhas notas sobre o seu uso recomendamos ir directamente á documentación orixinal. En particular pode que sexan de interese os seguintes apartados:
- Formato de ficheiro CSV aceptado
- Diversos exemplos de uso
- Como converter un CSV de terminoloxía con dúas columnas
Notas sobre o ficheiro resultante[edit]
Pode ser necesario cambiar a cabeceira do ficheiro resultado xa que csv2tbx proporciona unha cabeceira demasiado básica que pode dar problemas.
Nota: O ficheiro TBX resultante emprega <langSet xml:lang="xx"> para indicar o idioma destino. Terá que modificarse o ficheiro resultante para substituír ditas etiquetas por outras que indiquen o idioma destino, por exemplo <langSet xml:lang="gl"> para o galego. |
Exemplo con odstotbx[edit]
Debemos partir dun ficheiro en Calc que conteña dúas columnas, unha para cada idioma. A primeira fila debe conter o identificador do idioma correspondente.
EN-US | GL |
---|---|
SQL statement | Posición SQL |
Application | Aplicativo |
Not supplied | Non fornecido |
Instalación[edit]
- Descargar o XML Filter Package ODStoTBX.jar e gardalo localmente no seu equipo
- Iniciar Calc de LibreOffice (ou de OpenOffice)
- Seleccionar Ferramentas → Configuración de filtros XML...
- Premer no botón Abrir paquete...
- Buscar o ficheiro ODStoTBX.jar no navegador e seleccionalo
- Aparecerá un novo filtro chamado TermBase eXchange na lista dos filtros dispoñíbeis
- Pechar o cadro de diálogo Configuración de filtros XML
Exportar[edit]
- Abrir o ficheiro Calc que conterá dúas columnas
- Seleccionar Ficheiro → Exportar...
- Seleccionar TBX - Termbase eXchange da caixa de opcións despregábel
- Activar o nome de ficheiro con extensión automática e gardar o seu ficheiro
Notas sobre o ficheiro resultante[edit]
Pode ser necesario cambiar a cabeceira do ficheiro resultado xa que ODStoTBX proporciona unha cabeceira demasiado básica que pode dar problemas.
Cambiar a cabeceira do TBX[edit]
Pode ser necesario editar manualmente a cabeceira do ficheiro TBX xa que a veces a cabeceira é demasiado básica e pode dar problemas coa importación en determinadas ferramentas, por exemplo Terminator, ou ao pasarlle a ferramenta TBXcheck para comprobar que o esquema do TBX é válido. Pode empregarse a seguinte cabeceira como exemplo:
<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?> <!DOCTYPE martif SYSTEM "TBXcoreStructV02.dtd"> <martif type="TBX" xml:lang="en"> <martifHeader> <fileDesc> <titleStmt> <title>Terminoloxía de MyPaint</title> </titleStmt> <sourceDesc> <p>Creado por Antón Méixome, 2012 con http://www.qa-distiller.com/files/ODStoTBX.jar Cabeceira modificada á man para poder validar empregando TBXcheck.</p> </sourceDesc> </fileDesc> <encodingDesc> <p type="XCSURI">http://www.gala-global.org/oscarStandards/tbx/TBXXCSV02.xcs</p> </encodingDesc> </martifHeader> <text>