Cursos esporádicos de localización

From Proxecto Trasno

Eventos esporádicos de formación e debate sobre localización en centros de ensino, centros sociais e Universidades.

Descrición[edit]

O proxecto trasno precisa de continuamente de máis voluntariado. Como semella que existe un público obxectivo interesado en coñecer o campo da internacionalización e localización nos centros de estudo das vilas e sectores moi específicos do campo universitario estes eventos esporádicos pretenden formar directamente a xente que aprezamos interesada en formarse ou colaborar neste eido. Irase a ese "sector" con eventos organizados de xeito esporádico. Cando alguén vinculado ao Proxecto Trasno estime que existe un motivo ou interese en formar nalgún centro educativo, universidade ou casa social, nomearase "administrador" e organizará de xeito autónomo e aberto o curso nese lugar.

Obxectivo[edit]

Preténdese chegar a cando menos cinco eventos en lugares nos que se aprecie un interese directo na localización de software ao galego. Será tanto como dar a coñecer o proxecto como fomentar a involucración de máis voluntariado na tradución ao galego.

Duración e datas estimadas[edit]

Os eventos son cursos prácticos de un máximo de cinco horas nun día e que se poderán realizar ata a primeira semana de novemebro do 2012.

Como organizar os eventos[edit]

Ao se iren propoñendo, vaiase xestionando as datas, lugar, e relatores e o tema concreto a tratar.

  • Clasificar en función de:
    • Colaboración cunha
      • Universidade
      • Centro educativo e/ou Asociación e Centros Sociais
  • Definir
    • Estado (en preparación/realizado)
    • En colaboración con (no caso de que houbera algún tipo de colaboración con outra entidade)
    • Administración (persoa que se fai cargo de xestionar o evento)
    • Lugar
    • Datas
    • Relatores
    • Horarios
    • Público obxectivo
    • Memoria (ligazón a outra páxina coa memoria dos temas tratados, ligazóns a recursos xerados para o evento, fotografías, obxectivos acadados...)

Lista de eventos[edit]

Eventos en Universidades[edit]

UDC[edit]

USC[edit]

UVigo[edit]

  • Estado: En preparación
  • En colaboración coa OSL
  • Administración: OSL da UVigo
  • Lugar: por definir
  • Datas: Finais de Outubro
  • Relatores: por definir
  • Horarios: por definir
  • Píblico obxectivo

Eventos en Centros educativos ou Centros sociais[edit]

Comarcas de Arzúa e Melide[edit]

  • Administrador: Leandro?

Comarca da Coruña[edit]

  • Administrador: M. Branco