Descubrir por que o corrector Hunspell de galego considera correcta unha palabra

From Proxecto Trasno

Ir a «Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego».

Durante o desenvolvemento do corrector, ou durante o seu uso, un pode verse na necesidade de descubrir por que o corrector está a considerar como correcta unha palabra que, en principio, non debería considerar correcta.

O primeiro paso a seguir é executar a orde «hunspell» pasándolle a palabra. Esta orde fornece información importante para entender de onde sae a palabra.

Por exemplo, para que «hunspell» indique por que considera correcta «palabras»:

$ echo palabras | hunspell -d gl -m
palabras  st:palabra po:substantivo feminino . is:plural

$

Isto é o que nos estaría dicindo «hunspell»:

  • A palabra é correcta segundo o corrector «gl». En caso contrario, só veríamos palabras, sen toda a información que apareceu á dereita.
  • A palabra é a forma plural (is:plural) de «palabra» (st:palabra).

Esta información debería abondar para localizar o erro no corrector, se é que hai tal erro.


Categoría:Corrector Hunspell de galego