Engadir unha palabra ao corrector Hunspell de galego

From Proxecto Trasno

Ir a «Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego».

Estes son os pasos a seguir para engadir unha palabra ao corrector:

  1. Decide en qué módulo engadir a palabra.
  2. Edita o ficheiro «.dic» correspondente (se non existe ningún no módulo elixido, crea un; por exemplo: «vocabulario.dic»):
    1. Engade unha liña ao ficheiro que simplemente conteña a palabra nova.
    2. Se a palabra pode ter formas flexionadas (feminino, masculino, plural, conxugacións, etc.):
      1. Descubre que regras de formación son necesarias para a formación das flexións da palabra.
        Unha forma doada de facelo e atopar outra palabra nun ficheiro «.dic» calquera que se comporte de maneira moi parecida á palabra actual, e ver que códigos de regras de substitución emprega.
        Para máis información, véxase a documentación sobre os ficheiros de regras de formación de palabras e o contido do ficheiro «.aff» do módulo «norma».
      2. No ficheiro «.dic», engade unha barra inclinada («/») a continuación da palabra nova, seguida dos códigos das regras de formación de palabras correspondentes á palabra, separados por comas (sen espazos).
    3. Engade a categoría gramatical. Simplemente engade o texto «po:<categoría>» ao final da liña, separado cun espazo da lista de códigos, onde <categoría> é o nome dunha categoría gramatical en minúsculas (por exemplo, «adxectivo»).

Con isto xa se pode construír e instalar o corrector. Asegúrate de que o módulo no que incluíches a palabra forma parte dos módulos cos que constrúes o corrector.

Os seguintes son exemplos de entradas do corrector:

o po:adxectivo
palabra/10 po:substantivo feminino
nominativo/10,15 po:adxectivo / substantivo masculino

Para máis exemplos, véxanse os ficheiros «.dic» do código fonte do corrector.


Categoría:Corrector Hunspell de galego