Engadir unha palabra ao corrector Hunspell de galego
From Proxecto Trasno
↑ Ir a «Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego».
Estes son os pasos a seguir para engadir unha palabra ao corrector:
- Decide en qué módulo engadir a palabra.
- Edita o ficheiro «.dic» correspondente (se non existe ningún no módulo elixido, crea un; por exemplo: «vocabulario.dic»):
- Engade unha liña ao ficheiro que simplemente conteña a palabra nova.
- Se a palabra pode ter formas flexionadas (feminino, masculino, plural, conxugacións, etc.):
- Descubre que regras de formación son necesarias para a formación das flexións da palabra.
- Unha forma doada de facelo e atopar outra palabra nun ficheiro «.dic» calquera que se comporte de maneira moi parecida á palabra actual, e ver que códigos de regras de substitución emprega.
- Para máis información, véxase a documentación sobre os ficheiros de regras de formación de palabras e o contido do ficheiro «.aff» do módulo «norma».
- No ficheiro «.dic», engade unha barra inclinada («/») a continuación da palabra nova, seguida dos códigos das regras de formación de palabras correspondentes á palabra, separados por comas (sen espazos).
- Descubre que regras de formación son necesarias para a formación das flexións da palabra.
- Engade a categoría gramatical. Simplemente engade o texto «po:<categoría>» ao final da liña, separado cun espazo da lista de códigos, onde <categoría> é o nome dunha categoría gramatical en minúsculas (por exemplo, «adxectivo»).
Con isto xa se pode construír e instalar o corrector. Asegúrate de que o módulo no que incluíches a palabra forma parte dos módulos cos que constrúes o corrector.
Os seguintes son exemplos de entradas do corrector:
o po:adxectivo
palabra/10 po:substantivo feminino
nominativo/10,15 po:adxectivo / substantivo masculino
Para máis exemplos, véxanse os ficheiros «.dic» do código fonte do corrector.