Trasnada 12.0

From Proxecto Trasno
Revision as of 19:26, 12 May 2012 by Miguelbranco (talk | contribs) (Espazo II)

Nova edición da Trasnada, o evento para o avance na coordinación dos proxectos de localización ao galego, toma de decisións e mellora das traducións. Cunha área aberta de formación para novos tradutores e demostración de equipos localizados, este evento celebrado desde o 2010 pretende ser o punto de xuntanza dos traductores de software libre ao galego, e de difusión deste tipo de voluntariado.

Público obxectivo e impacto

Preténdese que o evento teña dúas dimensións:

Pública
Dar a a coñecer o Proxecto Trasno, o seu traballo e obxectivos, así como información e formación para colaborar.
Comunitaria
Discusión terminolóxica entre os membros da comunidade de tradutores, e calquera outra persoa con vontade de colaborar.

Lugar e data

Lugar

Será no Centro Ágora, na Coruña. O lugar dispón de:

  • Amplo espazo público con sofás e mesas.
  • Dispoñibilidade de conexión wifi aberta.

Como chegar?

Datas e aulas

  • Venres 18 de maio.
    • Aula 9. Sala de exposición pública, ata 80 persoas.
  • Sábado 26 de maio.
    • Aula 9. Sala de exposición pública, ata 80 persoas
    • Sala informática. Sala con 20 computadores e espazo para usuarios con portátiles.

Programa

Venres 18

  • Destinada:
    • Difundir a localización de software libre e o papel do Proxecto Trasno na l10n ao galego
    • Ensinar o impacto da l10n ao galego
    • Introducir aos conceptos básicos de l10n
    • Chamar a unirse ao proxecto e/ou a redifundilo
    • Promocionar a xornada do sábado 26.
  • Lugar: Aula 9
    • 19:00 - 21:00 «Como e porqué se traduce software libre ao galego?»
  • Xestión: L. Regueiro & M. Branco
  • Relatores:
    • Antón Méixome - tradutor de LibreOffice e Apache OpenOffice
    • Leandro Regueiro - tradutor de Xfce Inkscape
    • Miguel Branco - tradutor do proxecto KDE
    • Xosé Calvo - tradutor do proxecto KDE

Sábado 26

Espazo I

  • Destinado a: tradutores e interesados na terminoloxía informática
  • Xestor: A. Méixome & L. Regueiro
Sesión da mañá
  • Lugar: Sala Informática
    • 10:00 Apertura da Xornada e preparación da xornada
    • 10:30 Debate terminolóxico. Inicio.
    • 11:30 Descanso
    • 11:45 Debate terminolóxico. Inicio.
    • 13:00 Asemblea AC Proxecto Trasno
    • 14:00 Descanso para xantar

Sesión da tarde

  • Lugar: Sala Informática (por confirmar)
    • 16:00 Reapertura da xornada.
    • 16:10 Discusión de terminoloxía. Finalización
    • 18:00 Descanso
    • 18:30 Espazo aberto.
    • 20:00 Peche da xornada

Espazo II

  • Destinado a: persoas interesadas en introducirse á localización de SWL
  • Tutor: M. Branco
  • Lugar: Aula 9
  • Horas: De 11:00 a 12:45 e de 16:30 a 20:00
  • Funcionamento:
    • Ao comezo da mañá (11:00) e ao comezo da tarde (16:30) defínese os grupos de traballo coas persoas que chegaran interesadas en aprender a l10n
    • En base o número e interese concreto dos asistentes escóllese o tipo obradoiro de aprendizaxe
  • Recursos aconsellados para os asistentes:
    • Portátil con conectividade á rede, preferentemente con sistema operativo libre
    • Ferramentas de localización: virtaal, lokalize, gtranslator, omegaT, poedit. Recoméndase Virtaal e para usuarios de KDE, lokalize.

Actividades

Asemblea da AC Proxecto Trasno

  • Día 26 de maio ás 13:00
  • Aprobación das actas das anteriores asembleas
  • Revisión das contas
  • Debate sobre o funcionamento da AC e obxectivos

Debate terminolóxico

  • Día 26 de maio
  • Lita de termos a debater:

Lista de termos a discutir

Presentación «Como e porqué se traduce software libre ao galego?»

  • Concepto de software libre e código aberto
  • Localización de sotware libre e impacto social
  • Proxecto Trasno. historia e proxectos que xestiona
  • Foro aberto de debate e de preguntas

Curso de introdución á localización

  • Día 26 de maio
  • Introducción á tradución
    • Conceptos básicos
    • Obradoiro práctico con ferrametas CAT
      • Se a xente viñer con con cadanseu PC: 1) Ferramentas de localización e recursos 2)Inicio dun proxecto de localización 3) Práctica acentuando o máis relevante
      • Se a xente non viñer con PCs: 2) Ferramentas en liña para a localización e principais proxectos 2) Práctica
    • Procedemento:
      • Pedir presubcripción e día preferido, e así axustar cando se realiza
  • Tutor: M. Branco

Ideas

(anotar aquí propostas varias)

  • Planificación da nova guía de localización
    • (Postposta para outro evento)
      • Inicio da creación dunha guía de localización de software para o galego, similar a de SoftCatalá.
      • Bases para que a guía sexa breve, de non máis de 10 páxinas, e que sirva aos recén chegados a integrarse no grupo sen ter que ler moita documentación.
      • Podería considerarse a creación de dúas guías separadas:
        • Guía de Iniciación á Localización de Software Libre ao Galego. Unha guía que cumpra co obxectivo de servir para que os novos colaboradores se integren axiña no grupo (como se indica no punto anterior).
        • Guía Completa de Localización de Software Libre ao Galego. Unha guía ambiciosa que sirva de referencia para os tradutores, e que cubra todos os temas posíbeis.
  • Estaría ben que a guía ou guías estivesen dispoñíbeis no sitio web do proxecto (Recursos > Libros?) en varios formatos, incluídos PDF e ODT.
  • A guía ou guías deberían ir actualizándose. Un plan de publicacións anuais podería funcionar ben.
  • Ordenación de recursos web e servizos: TMX, TBX, ...
  • Mellora de ferramentas de QA: pology e hunspell-gl-es
  • Debate terminolóxico, pero que sexa pequeno debido á importancia puntual dos outros puntos.

Grupos de traballo

Coordinación do evento

  • Leandro
  • M. Branco

Coordinación dos debates terminolóxicos

  • A. Méixome
  • Leandro

Difusión & Merchandising

200px|thumb|right|Cartel 300px|thumb|right|Web banner alongado, para cabeceiras 300px|thumb|right|Web banner cadrado, para laterais

Difusión por redes sociais e publicitarias

  • Redactar e publicar nova en trasno.net: feito (SI/non)
  • Difundir aos medios (periódicos/redes sociais): feito (SI/non)
  • Difundir entre as asociacións culturais da zona (SI/non)
  • Difusión por cartelería (si/NON)

Cartelería

Propostas repetindo o deseño empregado ata o de agora (imaxes laterais)

  • Deseño de cartelería
    • Escóllese a cor azul por identificarse co escudo da cidade e cadrar co do logotipo trasnego.
  • Banner
    • 728*90, alongado, para cabeceiras
    • 640*480, cadrado, para laterais
  • Distribuir:
    • Polas universidades (si/NON)
    • A outras asociacións culturais ou centros sociais (si/NON)
    • Outros LUGs (si/NON)

Material promocional

  • Merchandinsing
    • DVDs con openSUSE (dispoñibles)
    • CDs con Ubuntu (por solicitar)(si/NON)
    • Trípticos xenéricos de trasno (dispoñibles na Coruña menos de 100, que pase Antón por Galpon/Tegnix e recolla a caixa?)
  • Web específica para o evento?