User talk:Roi González Villa

From Proxecto Trasno
Revision as of 08:34, 5 February 2013 by Gallaecio (talk | contribs)

Firefox

O da páxina de Firefox non sei quen o leva. Deberías comentalo na lista de correo de Trasno. ─ Adrián (e logo?) 19:39, 31 xaneiro 2013 (UTC)

virxe

Por favor, comproba a lista de correcións antes de engadir novas entradas. A correción de «virxe» xa está lista. Para máis detalles: https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/30. ─ Adrián (e logo?) 15:37, 2 febreiro 2013 (UTC)

Ten en conta que os cambios que se fagan estes días poden tardar en chegar ao LibreOffice. Creo que é Antón Méixome quen se encarga de empaquetar o corrector para LibreOffice. O bo é que Antón é precisamente quen coordina os esforzos do corrector Hunspell, que é no que estou a traballar, e que non é máis que unha das pezas que logo leva o complemento de corrección ortográfica de LibreOffice. ─ Adrián (e logo?) 16:14, 2 febreiro 2013 (UTC)

aluguer

Corrixido, grazas polo aviso! ─ Adrián (e logo?) 19:21, 2 febreiro 2013 (UTC)

Sinatura no wiki

Por favor, vai á páxina de configuración da túa conta e cambia a túa sinatura para que apunte á túa páxina de conversa. Agora tes:

--[[Usuario:Vivaelcelta|Vivaelcelta]] ([[Conversa usuario:Vivaelcelta|conversa]])

Debería ser algo como:

--[[Usuario:Roi González Villa|Vivaelcelta]] ([[Conversa usuario:Roi González Villa|conversa]])

Rio, rios

Pois son correctas, si. Concretamente, son o imperativo de 2P (ri ti) cun pronome complemento de 3P e 6P. Dado que o verbo rir pode funcionar como transitivo, pode levar seses pronomes. Por xe che axuda a ententelo, os equivalentes en castelán serían: ríelo, ríelos. ─ Adrián (e logo?) 06:28, 5 febreiro 2013 (UTC)