Construír e instalar o corrector Hunspell de galego

From Proxecto Trasno

Ir a «Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego».

Para construír unha versión personalizada (ou non) do corrector Hunspell de galego, débense seguir estes pasos:

  1. Descargar o corrector,
  2. compilalo, e
  3. instalalo.

Descargar o corrector[edit]

Pódense descargar versións estábeis do corrector desde SourceForge.

A última versión (non necesariamente estábel) do corrector pode descargarse de GitHub.

Compilar o corrector[edit]

Para compilar o corrector:

  1. Abre un terminal ou unha consola.
  2. Sitúa o terminal dentro do cartafol «hunspell-gl».
  3. Executa «scons».

SCons encárgase de construír o corrector empregando o grupo de módulos predeterminado. Como resultado, créase un cartafol novo, «build», que contén os ficheiros do corrector: «gl.aff» e «gl.dic». Estes son os ficheiros que hai que instalar.

Para construír o corrector cunha combinación personalizada de módulos, ao executar «scons» hai que pasarlle algúns parámetros. Executa «scons -h» para máis información sobre como construír o corrector cunha combinación de módulos personalizada, e sobre que módulos hai dispoñíbeis.

Instalar o corrector[edit]

Para instalar o corrector, simplemente hai que situar os ficheiros «gl.aff» e «gl.dic» do cartafol «build» no cartafol de Hunspell do sistema.

Por exemplo, se o cartafol de Hunspell é «/usr/share/hunspell», para instalar os ficheiros abonda con executar:

sudo cp build/* /usr/share/hunspell/


Categoría:Corrector Hunspell de galego